INVITADOS CONFIRMADOS
CHARLAS
Pierre Corbinais
Escritor, Deseñador Narrativo
The Delicate Art of Making Depressing Games
Pierre Corbinais escribe xogos. Os seus traballos máis notables inclúen Bury Me My Love, Haven, Road 96:Prologue e NSFWare. É o escritor e director de Wednesdays, un xogo narrativo cheo de esperanza que aborda os temas del incesto e abuso sexual con autenticidad.
Aquiles T. M.
Solodev xeneralista, músico
Como ser bo en absolutamente todo - o segredo solodev.
Músico e solodev independiente, xeneralista por pura pasión. Querendo compartir o aprendido do que saíu mal, e do que saíu ben.
Lucía Herrero
Profesional de comunicación e marketing
Claves para la creación y gestión de comunidades digitales
Lucía Herrero é profesional de comunicación e marketing especializada en videoxogos. Traballa en estratexia, comunidade e posicionamento de marcas, colabora con estudios indie e eventos e participa como mentora e poñente en eventos gaming.
Cristopher J. Mendoza
Artista técnico
Derail off the Screen: The role of visual effects in Denshattack!
Cristopher J. Mendoza é un artista técnico de Barcelona con 5 anos de experiencia na industria. Actualmente no equipo de desenvolvemento de Denshattack!, onde se encarga do shading, desenvolvemento de ferramentas, produción de VFX e a optimización de gráficos.
Victoria Borrás
Narrative Designer
El placer en lo terrible: Psicología, videojuegos y la estética del horror
Fundadora da editorial "Amor de madre", combina literatura, psicoloxía e estética para analizar a cultura contemporánea e explorar a nosa relación co inquietante a través de distintos medios, convertindo o escuro nunha ferramenta de autodescubrimento.
Harry Alisavakis
Technical Artist
The Vast and the Furrious: The Technical Art of Herdling
Harry Alisavakis é artista técnico e de VFX, constantemente aprendendo, creando, compartindo e creando comunidade arredor dos shaders, VFX e arte técnico. Leva na industria dende 2020, participando en xogos como Somerville e Herdling. Dende 2022 é parte do estudio suizo Okomotive.
Luc Alvarado
Programadore e Deseñadore
La escalabilidad en videojuegos
Luc Alvarado é desenvolvedore de videoxogos con máis de sete anos de experiencia. Ten traballado en varios estudios indie en títulos como Do Not Feed the Monkeys 2099 e Friends vs Friends. Tamén traballa pola súa conta como parte do equipo de From The Moon.
Hernán Calvo
Compositor Musical
Música No Lineal: Estrategias de composición e implementación de música adaptativa
Hernán Calvo é produtor musical, enxeñeiro de grabación e docente universitario. Formado no Conservatory of Recording Arts & Sciences (EE. UU.), conta con producións premiadas e dende 2011 ensina grabación, mezcla e posprodución na UNTREF.
Eva Pérez
Game Designer
Anatomía del videojuego sistémico
Eva leva 10 anos facendo xogos e de forma profesional na industria algo máis de 5. Ten traballado tanto en xogo serio (xogos educativos, instalacións para museos, etc) como en títulos comerciais para consolas durante o seu paso por Tequila Works.
Adrián Dono
Concept Artist
Concept Art en la Producción AAA
Adrián é concept artist especializado no deseño de personaxes e criaturas. Traballou varios anos na industria do videoxogo, participando en proxectos AAA e colaborando con estudios internacionais, creando deseños que dan vida a novos mundos.
OBRADOIROS
Iago Álvarez Graña
Localizador de videoxogos
Xogando no traballo: Conceptos básicos do testeo lingüístico (LQA) de videoxogos
Traballando como tradutor, revisor e tester lingüístico dende 2015, suma centenares de proxectos que abranguen dende xogos indie ata produccións AAA. Tamén traballa no eido da localización de software de inglés a galego e imparte clases de testeo lingüístico de videoxogos no Titulo Propio de Especialista en Traducción para a Industria do Videoxogos (ETIV).
Maikel Ortega
Game Director
Cómo HaSer Tu Propio Jefe
Maikel Ortega é deseñador de videoxogos fomrado en Enxeñaría Informática. Pasou por Genera Games antes de unirse a The Game Kitchen en 2018, onde traballou en Blasphemous, Blasphemous II e dirixe The Stone of Madness.
Juno Menager
Solo Dev
Sobre crear con las manos
Juno Menager é desenvolvedora e artista. Crea videoxogos, música e obras con plastilina, utilizando o xogo como medio de expresión para explorar a identidade e o cotidiá. É autora de The Red House on the Third Hill of Mataperros e A Todas las Palomas de Madrid les Faltan Dedos.
Monkeybark
Concept Artist
Estilización de personajes
Monkeybark é artista especializada en deseño de personaxes, con experiencia en ilustración e concept art. Traballa en distintos estilos e áreas da arte dixital, aportando identidade visual e personalidade a personaxes e proxectos creativos.
PODCAST
Loop
Fernando Porta, Américo Ferraiuolo, Juan T. Salas e Sara (Abernathy)
Podcast Revista LOOP - El Bucle
LOOP é un ambicioso proxecto editorial independente dedicado ao videoxogo como artefacto cultural, o cal busca crear un diálogo con outras disciplinas e humanizar o desenvolvemento de videoxogos, dando voz aos seus protagonistas.
CONCERTOS
EYEGUYS
Autor, Deseñador, Artista
Live Set
EYEGUYS é o alias do artista guerrilleiro Lorenzo Redaelli, residente en Milán, que está reinventando a tradición pop nacional italiana a través dunha visión alucinatoria e metafísica dos seus videoxogos e a súa visión subversiva do cantautorato, a canzone, o eurodance e o avant-pop.
ACTIVIDADES PARA NON PROFESIONAIS
Marina González
Directora de arte
Tecendo píxeles: Do dixital ao físico
Artista pixel e directora de arte en Deconstructeam, con máis de 40 videoxogos dende 2012 e cinco títulos especiais publicados, entre eles The Red String Club e The Cosmic Wheel Sisterhood.
Lucas Ramada Prieto
Investigador e mediador cultural
Xogar para falar de xogar: un achegamento á mediación cultural con videoxogos
Lucas Ramada Prieto é investigador especializado en estética da ficción dixital infantil e xuvenil. Dedícase fundamentalmente a desenvolver proxectos de mediación cultural para institucións públicas e á formación permanente de persoal docente e bibliotecario. Habendo traballando na Ficció en Joc e o proxecto de mediación cultural da diputacion de Barcelona.
Isi Cano
Docente e deseñadora
A outra historia do videoxogo
Isi é Doutora en Investigación en Arte Contemporánea, aplicando videoxogos en aulas de Educación Primaria. Coordinadora dos talleres de Girls Make Games, Profesora de desenvolvemento de videoxogos, deseño multimedia e robótica, Deseñadora UX e ilustradora e creadora do proxecto Baba is Cool.